Skip to Content

A Empresa

Desde o ano 2000 estamos presentes en Internet coa nosa plataforma “galiciadigital.com" e "galiciadigital.net” con máis de 20 portais de contidos propios, con temas que abarcan desde cultura a deportes, de turismo a empresas pasando por concellos, asociacións, comunicación, emprego, xuventude, etc. e co portal de referencia para coñecer ao pobo galego a través dunha base de datos de persoas que deixaron ou están deixando pegada na nosa comunidade: “gallegos.info”.

Dispoñemos tamén dun autobús transformado en "Aula Virtual Itinerante". A dotación informática é de 10 ordenadores para 20 alumnos máis outro para o profesor/monitor e un servidor. Dispón ademais de "proxector con cámara incorporada", micrófono sen fíos, aire acondicionado e conexión a Internet vía RDSI ou satélite.

Iniciamos unha nova etapa con portal “ internetgalicia.net” con aplicacións e servizos a disposición do público galego, ofrecéndoos da forma máis sinxela posible, para que o acercamento a Internet poida facerse de forma gradual e facilitemos a integración de particulares e empresas galegas na aldea global que é Internet.

Contamos cun equipo formado polos mellores profesionais do sector, que contan cunha gran experiencia. E sobre todo, contamos cunha inesgotable ilusión, e a satisfacción de estar facendo camiño (galego) no mundo case infinito de Internet.

 

Interdix Galicia, S.L.

Rúa Nóreas, 30 - Entrechán

27001 Lugo

NIF: B-27256874

Chámenos sen compromiso:

902 190 387 - 982 226 309

fax: 982 221 456